INVESTIGACIÓN ROMANIZACIÓN

Ola meu pequeno comité latino!!

Como ides?

A tarefa para estes días vai ser unha investigación sobre a romanización de Hispania, atendendo ó seguintes puntos:

 

  1. A chegada dos romanos a Hispania: os cartaxineses, as guerras Púnicas. 
  2. Os militares relacionados coa romanización. 
  3. As dúas primeiras divisións  provinciais. 
  4. A terceira división provincial. Principais cidades.  
  5. A Gallaecia: a conquista, Viriato. O río do “esquecemento” , o  monte Medulio. 
  6. A conquista de Numancia. 
  7. Obras públicas e urbanismo:  Mérida, Lugo, Segovia, Baelo Claudia, Tarragona. 
  8. As Vías de comunicación: como se construían e cales eran as principais en Hispania e a Gallaecia.

Podedes facer unha presentación (se é posible).

 

Moito ánimo!!