1º ESO

Luns, 30-3-2020

Boa tarde!!

inclúo información sobre dous concursos. Son bos motivos para a creatividade. Animádevos, artistas!!!

 

XXIV Certame de poesía Francisco Añón

 

Bases concurso carteis

autorización

 

Venres, 27-3-2020

Boa tarde!!

Confío en que todos esteades ben!!

 

Póñovos dous enlaces de dous vídeos ( un  trap e  unha versión en galego dunha coñecida canción en castelán ) sobre a colocación do pronome. Son moi amenos. Escoitádeos e xa me diredes!!

 

Non me digas «te quero» | O trap da colocación dos … – YouTube

ttps://www.youtube.com/watch?v=PBHRc_Zc9sE

A colocación dos pronomes, con AldaoLado

https:/www.youtube.com/watch?v=kRzFI233KSY

 

Para a próxima semana dúas actividades: unha comprensión lectura do inicio do precioso conto de Manuel Rivas A lingua das bolboretas, que vos vai gustar moito!!

 

A lingua das bolboretas 1º parte

 

E outra creativa: facer un poema, relato, texto teatral, rap, trap, reflexión sobre a situación actual que estamos vivindo. Douvos varias ideas para o título: estou aprendendo que…; resulta que a felicidade é…; agora valoro…ou calquera outra opción que se che ocorra.

Ah, para os artistas máis plásticos, tamén vale cómic pero con texto elaborado.

Isto sería para enviar ata o venres 3 de abril.

Moi boa finde!!!

 

*************************************************************

No enlace está a tarefa para este período de corentena. Ante calquera dúbida ou dificultade podemos comunicarnos por correo electrónico ou a través do Tokkap da titora Ana.

 

TAREFA GALEGO 1º

 

As actividades do libro de lectura, se é posible, facédeas a ordenador e mandádeas ó meu correo para que as poida ir corrixindo:   mjiglesias@edu.xunta. es

Moito ánimo para levar estes días e moita saúde!!

 

Martes 17-3- 2020

Boa tarde,

Poño unha ficha de exercicios para practicar contidos da próxima proba escrita. +

Para que poida corrixilos, é mellor facelos na propio documento e enviarmo.

exercicios 1 ESO

 

 

A seguir na casiña!!