2º ESO

Martes 31-3-2020

 

Póñovos as oracións analizadas que tiñades no caderno (enviounas a profe Esther por whatasapp pero non abre o documento). Conseguín cambiar o formato e agora si que xa pode subilas aquí.

Oracións analiazadas 1

Oracións analizadas 2

Moi bo dia!!

 

Luns, 30-3-2020

Boa tarde!!

inclúo información sobre dous concursos. Son bos motivos para a creatividade. Animádevos, artistas!!!

XXIV Certame de poesía Francisco Añón

 

Bases concurso carteis

autorización

Venres, 27-3-2020

Boa tarde!!

Confío en que todos esteades ben!!

 

Póñovos dous enlaces de dous vídeos ( un  trap e  unha versión en galego dunha coñecida canción en castelán ) sobre a colocación do pronome. Son moi amenos. Escoitádeos e xa me diredes!!

Non me digas «te quero» | O trap da colocación dos … – YouTube

ttps://www.youtube.com/watch?v=PBHRc_Zc9sE

A colocación dos pronomes, con AldaoLado

https:/www.youtube.com/watch?v=kRzFI233KSY

 

Esta semana, envíovos  un documento con explicacións de sintaxe e as oracións que tiñades no caderno feitas. Pídovos que o vexades e preguntedes dúbidas. Para practicar un pouco, póñovos no documento tres oracións para que fagades.

 

EXPLICACIÓN SINTAXE

frases  (exemplo dunha frase complexa analizada en árbore)

Falta un documento coas oracións analizadas en árbore que vos remitiu a profe Esther por Whatsapp porque non puiden subila aquí.

 

Ademais, imos facer unha actividade  creativa: facer un poema, relato, texto teatral, rap, trap, reflexión sobre a situación actual que estamos vivindo. Douvos varias ideas para o título: estou aprendendo que…; resulta que a felicidade é…; agora valoro…ou calquera outra opción que se che ocorra.

Ah, para os artistas máis plásticos, tamén vale cómic pero con textos elaborados (é dicir, non tres oracións).

Isto sería para enviar ata o venres 3 de abril.

Moi boa finde!!!

 

**********************************************

 

Poño actividades relacionadas co libro de lectura con indicacións para que vaides traballando. Ó longo da semana subirei os contidos do exame e algunha actividade para que poidades ir xa preparando a proba.

Tamén porei algún exercicio de sintaxe corrixido para que vos sirvan de guía.

 

TAREFA 2º ESO Nubes de evolución

 

Moito ánimo para levar estes días e moita saúde!!

 

Martes, 17-3-20202

Boa tarde,

Poño os contidos da próxima proba escrita. Mañá subirei unha ficha de exercicios e oracións corrixidas para que teñades unha guía. Se hai calquera dúbida, enviádeme un correo (mjiglesias@edu.xunta.es).

 

CONTIDOS PROBA 2º ESO

A seguir na casiña!!