4º ESO

Luns, 30-3-2020

Boa tarde!!

inclúo información sobre dous concursos. Son bos motivos para a creatividade. Animádevos, artistas!!!

XXIV Certame de poesía Francisco Añón

 

Bases concurso carteis

autorización

Venres, 27-3-2020

Boa tarde!!

Confío en que todos esteades ben!!

 

Póñovos dous enlaces de dous vídeos ( un  trap e  unha versión en galego dunha coñecida canción en castelán ) sobre a colocación do pronome. Son moi amenos. Escoitádeos e xa me diredes!!

 

Non me digas «te quero» | O trap da colocación dos … – YouTube

ttps://www.youtube.com/watch?v=PBHRc_Zc9sE

A colocación dos pronomes, con AldaoLado

https:/www.youtube.com/watch?v=kRzFI233KSY

 

Para a próxima semana, mándovos un documento cun vídeo e audios de poemas musicados de Celso Emilio Ferreiro con algunhas cuestións. Tamén  van algunhas preguntas de comprensión de poemas do libro e algo creativo. Non ides ter dificultade e vanvos gustar os textos!!

 

ACERCÁMONOS A CELSO EMILIO FERREIRO

 

Isto sería para enviar ata o venres 3 de abril.

 

Moi boa finde!!!

 

*************************************

Poño actividades relacionadas co libro de lectura con indicacións para que vaides traballando. Ó longo da semana subirei os contidos do exame e poemas comentados para que vos sirvan de guía.

 

4º ESO Jules Verne

Por favor, aqueles que queirades mellorar a sintaxe, enviademe os exercicios ( se vos apañades co word) menos o de análise en árbore, que é máis complicado facelo a ordenador.

Moito ánimo para levar estes días e moita saúde!

 

21-3-2020

Ola!!

Engado tarefa de Iniciativa.

Tarefa Iniciativa

Boa finde!!!

23-3-2020

Bos días!!

Como levades esta situación?  Desexo que o mellor posible.

Adxúntovos os exercicios de sintaxe porque algúns me comentades que non o tedes. Por favor, facede os exercicios 1,2, 4 na mesma folla se tedes ordenador. Corrixir a través de fotos é bastante complicado.

SINTAXE 4º

LATÍN

Alumnos de Latín: adxúntovos documento para a investigación sobre a romanización.

Romanización

Se tedes calquera dúbida, preguntade!!

 

25-3-2020

Boa tarde!!

Xa queda un día menos para poder saír!!

RECORDATORIO DAS ACTIVIDADES DE FRANCÉS (os dous niveis)

As actividades eran facer os exercicios de écoute das unidades 3,4, buscando o vocabulario e expresións que non coñezades e anotándoo (despois mandades foto ou documento de word).

Data de entrega: venres 27

Moito ánimo!!