3º ESO

Luns, 30-3-2020

Boa tarde!!

inclúo información sobre dous concursos. Son bos motivos para a creatividade. Animádevos, artistas!!!

XXIV Certame de poesía Francisco Añón

 

Bases concurso carteis

autorización

 

Venres, 27-3-2020

Boa tarde!!

Confío en que todos esteades ben!!

Póñovos dous enlaces de dous vídeos ( un  trap e  unha versión en galego dunha coñecida canción en castelán ) sobre a colocación do pronome. Son moi amenos. Escoitádeos e xa me diredes!!

 

Non me digas «te quero» | O trap da colocación dos … – YouTube

ttps://www.youtube.com/watch?v=PBHRc_Zc9sE

A colocación dos pronomes, con AldaoLado

https:/www.youtube.com/watch?v=kRzFI233KSY

 

Para a próxima semana dúas actividades:  envío un documento con explicacións sobre usos especiais do posesivo e domostrativo e uns exercicios.

 

Valores especias posesivo- demostrativo

Exercicios demostrativo, posesivo. Traducción

 

E outra creativa: facer un poema, relato, texto teatral, rap, trap, reflexión sobre a situación actual que estamos vivindo. Douvos varias ideas para o título: estou aprendendo que…; resulta que a felicidade é…; agora valoro…ou calquera outra opción que se che ocorra.

Isto sería para enviar ata o venres 3 de abril.

 

Moi boa finde!!!

 

*************************************

Poño actividades relacionadas co libro de lectura con indicacións para que vaides traballando. Ó longo da semana subirei os contidos do exame e algunha actividade para que poidades ir xa preparando a proba.

Lembrádevos de facer as fichas dos determinantes, exceptuando os numerais.

 

3º ESO Jules Verne

 

Moito ánimo para levar estes días e moita saúde!

 

Mércores, 18-3-2020

Inclúovos uns exercicios para que practiquedes os contidos relacionados coa parte de morfoloxía. Para levar un control sobre o traballo, imos pór de prazo ata o venres, 20.

Exercicios prácticos 3º ESO

Agradecería que me vaiades mandando as cuestións do libro de lectura para poder ir correxíndoas. Para isto poño de prazo o mércores 25. Se tedes calquera cuestión, xa sabedes: a través de correo ou comentádelles a Susi.

Moito ánimo, queridos alumnos!!

 

25-3-2020

Boa tarde!!

Xa queda un día menos para poder saír!!

RECORDATORIO DAS ACTIVIDADES DE FRANCÉS (os dous niveis)

As actividades eran facer os exercicios de écoute das unidades 3,4, buscando o vocabulario e expresións que non coñezades e anotándoo (despois mandades foto ou documento de word).

Data de entrega: venres 27

 

Moito ánimo!!